Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Prado: “O único xeito de subsistir no remo é apostar pola canteira”

RR_Noticias

O presidente do C.R. Chapela amósase optimista cos resultados do club para a liguilla de bateis que acaba de comezar. Buscan clasificarse para o Campionato Galego co maior número de barcos posible. No arranque da temporada, logo de tres regatas disputadas, o remo de Chapela suma un total de oito medallas. O sábado, día 2, participarán na regata da S.D. Tirán e o domingo organizan o XIV Memorial Paco Fenosa de traiñeiras.

A liga de bateis abre a temporada do remo galego, probas onde os máis pequenos do deporte son os protagonistas. O C.R. Chapela é un dos clubs da provincia que destaca pola calidade da súa canteira, tanto nas categorías masculinas como femininas. O presidente do club, Julio Prado está convencido de que a aposta pola base é “o único xeito” de subsistir nun deporte “moi castigado pola crise”. Por iso o club leva anos traballando intensamente coas categorías inferiores. Comezan a preparación en xullo, coa escola de verán. Cada ano incorpóranse máis nenos e nenas que logo pasan a formar parte da canteira do club. De cara á temporada de bateis o obxectivo é clasificarse co maior número de barcos posible para o Campionato Galego, que se disputa o 13 e 14 de abril, e logo tentalo tamén para a proba estatal. Polo de agora están a destacar nas categorías cadete masculina e feminina, e tamén nas alevín e infantil masculina. O éxito do traballo coa canteira é evidente, tanto nas categorías masculinas como femininas, e de feito o número de fichas no club está repartido “case nun 50% entre homes e mulleres”. Para Prado a aposta do C.R. Chapela polo remo feminino é algo “irrenunciable”, que valora non só a nivel deportivo senón tamén “social”. O próximo sábado, día 2, a liguilla de bateis continúa coa cita organizada pola S.D. Tirán no peirao de Mosqueira, a partir das 16.00 horas. Memorial Paco Fenosa O domingo será a quenda das traiñeiras, coa celebración do XIV Memorial Paco Fenosa de Chapela a partira das 12.00 horas, con regatas nas categorías veterano, junior e sénior tanto masculinas como femininas. Unha cita que preparan con moita ilusión desde o club e na que agardan contar coa maior parte das traíñas de toda Galicia, malia que este ano coincide coas celebracións do Entroido. Prado apunta que será unha boa oportunidade para ir medidndo o nivel das embarcacións desta temporada. O C.R. Chapela tamén organiza dentro da liga de bateis unha regata que se disputará o 31 de marzo, coincidindo coa Bandeira do Porvir.

Julio Prado presidente do club
Prado está convencido de que a aposta pola base é o único xeito de subsistir nun deporte moi castigado pola crise.
Obxectivo dos bateis
De cara á temporada de bateis o obxectivo é clasificarse co maior número de barcos posible para o Campionato Galego.
Aposta polo remo feminino
A aposta do C.R. Chapela polo remo feminino é algo "irrenunciable" que valora non só a nivel deportivo senón tamén "social"
Memorial Paco Fenosa
Unha cita que preparan con moita ilusión desde o club e na que agardan contar coa maior parte das traíñas de toda Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará