Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Bota raíces” unha campaña para repoboar o monte

RR_Noticias

A Comunidade de Montes en Man Común de Arcade de Riba celebra este domingo unha iniciativa que busca poñer en valor o monte e implicar aos veciños no seu coidado e recuperación coa plantación de árbores autóctonas. Logo de case dous anos traballando no monte, retirando a madeira queimada e limpando o lugar, a parcela está xa perfectamente acondicionada para levar acabo esta acción que busca recuperar o monte e crear unha vinculación dos veciños co propio monte comunal.

A campaña “Bota raíces” nace, segundo explica o secretario da Comunidade de montes de Arcade de Riba, Bruno Rodríguez “da necesidade de crear un compromiso coa natureza”. As parroquias deben involucrarse no mantemento do monte, hai que conseguir que os veciños o sintan como seu e traballen en iniciativas que poidan evitar e poñer coto aos incendios forestais ao manter limpas as parcelas e traballar na súa repoboación con especial autóctonas. Explica Bruno Rodríguez que a xente respondeu masivamente ao chamamento da Comunidade “se chegamos a ter 500 castiñeiros todos estarían vendidos, porque foron moitos os que se achegaron a nós para adquirir unha das árbores que plantaremos o vindeiro domingo día 3”. Unha iniciativa que busca crear unha vinculación directa dos veciños co monte ao tempo que se traballa na súa conservación e que consiste na plantación de castiñeiros que aparecerán co nome do seu propietario nun papel informativo, de xeito que quede constancia do compromiso adquirido.  

Bruno Rodríguez Arcade de Riba
Unha iniciativa que busca involucrar aos veciños
Plantación de castiñeiros
Resposta masiva

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará