Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela queda sen servizo de emerxencias

RR_Noticias

Dende hai anos o Servizo de Emerxencias (SEIS) de Redondela estaba xa baixo mínimos con tan so tres persoas para cubrir as tres quendas de traballo. Dende onte o servizo deixa de funcionar logo de que dous dos seus membros presentaran a súa renuncia por teren conseguido unha oposición en Vigo mentres que o terceiro se atopa de baixa. A oposición critica ao goberno local de irresponsabilidade e desinterese por ter chegado a esta situación mentres que dende o concello aseguran que tratarán de restablecer o servizo.

A voceira do PSOE, Digna Rivas daba a voz de alarma ante o que considera unha grave irresposabilidade do goberno local por deixar Redondela sen servizo de emerxencias e non evitar en oito anos de goberno que a situación derivase no desmantelamento do servizo de emerxencias.
Pola súa banda dende a BNG consideran “extremadamente grave a inseguridade na que queda a veciñanza” ao quedar Redondela “sen un servizo que interveña en situacións de emerxencia e dependendo da atención dos bombeiros do Porriño e de Vigo”. Salienta situacións como os lumes sufridas nos montes redondelás, as inundacións, a atención a accidentados ou incendios de vivendas, como os casos máis destacable de intervención. Para o bloque esta situación confirma o “desinterese” que sempre se amosou dende o goberno municipal polo servizo malia que a “irrupción de Bas na alcaldía víu precedida polo seu compromiso de crear un servizo que unicamente empregou con interese electoral”.
Dende o goberno acusan á oposición de xerar alarmismo e insisten en que ante calquera emerxencia que se produza no municipio a atención está cuberta en todo momento polo servizo de comarcal de bombeiros do Porriño ademais da Garda Civil, Policía local e Nacional e os voluntarios de Protección Civil. Aseguran tamén que están a traballar para retomar o servizos con novos efectivos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará