Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco vence a domicilio

RR_Noticias

O equipo redondelán impúxose en Somozas, e segue en liña ascendente. Na Primeira Autonómica o Arcade goleou ao Domaio, mentres na Segunda perderon Atl. Vilar e Cesantes. No balonmmán vitorias para SAR Rodavigo, Rodosa Chapela e SAR Plastic Omnium, mentres a derrota do Cíes Chapela condena ao equipo ao decenso.

Terceira División
Somozas 2-4 Choco
O Choco logrou onte unha importante vitoria na visita ao Somozas e escala ata a oitava posición, logo de que os locais se puxeran por diante en dúas ocasións. Anotou Nuño aos once minutos de xogo, e empatou na metade do primeito tempo Gabri Palmás. De Nuño superou a portería de Cortegoso aos dez minutos para o descanso. Co 2-1 no marcador comezou a segunda parte, que foi cando se viu a mellor versión do equipo redondelán. O Choco deulle a volta ao partido con dous tantos de Nacho Fariña. A falta dun cuarto de hora, Comis sentenciou o partido co cuarto gol. Na próxima xornada o Choco recibe ao Ourense F.C., 11º da táboa.
Primeira Autonómica

Arcade 6-0 Domaio
Contundente vitoria do Arcade con dous goles de Buján, e senllos tantos de Eloy, Hugo, Juanma e David. O Arcade, que segue 5º, mantense na loita polo ascenso. Na próxima xornada reciben ao Gondomar, en postos de descenso.
Segunda Autonómica

Candeán 4-3 Atl.Vilar
O Candeán fixo unha espectacular primeira parte, foi ao descanso catro a cero. No segundo tempo o Vilar aproveitou a relaxación dos local e anotou tres goles. A punto estivo de empatar cun dos fortes do grupo, pero non houbo tempo. Os de Mon Sanromán, que están na 9ª posición, o domingo reciben ao Caldelas, que é 5º.
Cesantes 2-3 Sampaio
Derrota do Cesantes nun partido no que houbo ocasións para os dous equipos. Na próxima xornada xogan no campo do Cruceiro.
Terceira Autonómica

Pereiró 0-1 Chapela
Vitoria pola mínima do Chapela no Monte da Mina. Os redondeláns son 4º, e a próxima semana reciben ao Nespereira, no pozo da táboa.
Nespereira 0-0 Moledo
Mantense o empate a puntos entre os dous equipos no pozo da táboa logo da igualada sen goles no encontro desta pasada xornada. Foi un bo partido, con ocasións para os dous equipos, pero sen goles.
Caroi 1-11 Soutomaior
A goleada da xornada protagonizouna o Soutomaior no campo do pechacancelas, o Caroi, con tres goles de Barbosa, dous de Brais, dous de David, máis os tantos de Jorge, Canario, Sergio e Maikel.O Soutomaior, 3º, recibe na próxima xornada ao Atl. Estación, 10º.
Fútbol Sala Terceira División

Academia Red Blue 5 Coruña 4-3 Campito
Os de Chapela seguen en postos de descenso logo dunha axustada derrota na Coruña ante o Academia Red Blue 5. Regresan á competición o 10 de marzo, cando reciben en Chapela ao Sortp Sala Culleredo, 8º do grupo. A cita é ás 19.00 horas.
Pazos 3-2 Playas de Barreiro
Os de Fran Amoedo manteñen o liderado logo dun traballado triunfo ante o Playas de Barreiro. Logo do parón do Entroido volven á competición o sábado día 9, para medirse ao Gonnaba Parrulo “B”. Ás 17.00 horas no pavillón da Malata.
Preferente Sur

Redondela Maramar 4-1 Valadares Global Mar
O equipo local goleou ao Valadares global Mar e agora é 10º na táboa. A próxima semana teñen parón, volven á competición o 10 de marzo. Será en Vigo ante o C. Apóstol, que é 12º, con tres puntos menos que os redondeláns.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

Siero 26 24 -Cíes Obra Civil Chapela
O Cíes Obra Civil Chapela encaixou unha nova derrota na pista do Siero Deportivo. Segue como pechacancelas e o equipo ten moi complicado manter a categoría, da que practicamente xa se despide malia quedar dez puntos en xogo. Na próxima xornada reciben ao Valladolid.
Tenerife 24-25 SAR Rodavigo
Vitoria importante para a Sar Rodavigo que, ademais, certifica a permanencia automática a falta de cinco xornadas para rematar a liga. O conxunto de Elisardo Covelo “Chini”soubo levar un choque moi igualado, no que destacou Erica Franco con oito goles. Na próxima xornada volven xogar fóra, na pista do líder, o Cleba.
Primeira Nacional Masculina

Octavio 17-36 Rodosa Chapela
No derbi disputado no pavillón das Travesas, o Rodosa Chapela impúxose totalmente aos anfitrións. Con este resultado, o cadro de Fran Teixeira continúa na quinta posición, e na próxima xornada recibe ao Rasoeiro do Grove.
Primeira Autonómica

SAR PlasticOmnium 28-23 Moaña
A SAR escala á 3ª praza coa vitoria ante o Moaña. Na próxima xornada xogará na pista do Novás, que agora é 4º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará