Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Rande e Cabanas esixen o fin dos “malos cheiros e a contaminación” de Aucosa

RR_Noticias

Levan anos soportando o fedor que se desprende periodicamente da factorías situada no litoral de Chapela, que elabora fariñas de peixe. Demandan que a empresa se traslade a un polígono, lonxe das zonas residenciais, ou que se reforme e dote de tecnoloxía que elimine os malos cheiros e a contaminacións “tanto do aire como das augas da ría ás que verte residuos”.

A empresa Auxiliar Conserveira S.A., Aucosa, desenvolve as súas actividades no litoral de Redondela, en Punta Chapelisa, dentro do espazo protexido da Rede Natura 2000. Pero a súa actividade, centrada na elaboración de fariñas a partir dos residuos de peixe das conserveiras, provoca moitos problemas para os veciños da contorna. O intenso fume e os cheiros “nauseabundos” que levan padecendo durante anos teñen aos veciños indignados. Luis denuncia que ten un funcionamento “terceiromundista” que levan padecendo 40 anos. Unha sentenza do Tribunal Supremo de 2014 ratificou a anulación da Autorización Ambiental Integrada á factoría. A resolución deulle a razón á Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón no contencioso-administrativo presentado contra unha resolución da Consellería de Medio Ambiente, que outorgaba a licenza ambiental a esta fábrica de fariñas de peixe. Pero un “defecto de forma” permitiu á empresa continuar coa súa actividade. Unha situación que veciños como Venancio non comprenden, e que atribúe a “algunha manobra legal”. Os residentes da zona esixen o traslado da empresa a un polígono industrial, lonxe das zonas residenciais, xa que a súa ubicación na costa “non ten ningún sentido” tal como explica Antonio. Este veciño de Rande explica que toda a mercadoría de Aucosa “entra e sae por estrada”, e que a única razón de que estea no litoral é “para poder botar os seus desperdicios ao mar”. Os veciños afirman que están “cansos” de poñer denuncias ante o Concello e a polícía local das que nunca obteñen unha solución. Reforma na factoría A empresa anuniou a comezos deste mes de febreiro que investirá 9,5 millóns na remodelación da súa fábrica en Rande para eliminar os malos cheiros e reducir o ruído. O seu xerente, Roberto Casas, di que as melloras na fábrica reducirán substancialmente as emisións mediante unha nova organización e un sistema de purificación. A compañía conta cos parabéns da Xunta, que concedeu a autorización ambiental integrada. A Autoridade Portuaria acaba de prorrogar a actividade de Aucosa ata o 2029.

Luis veciño de Cabo da Pedra
Os veciños denuncian o intenso fume e os cheiros "nauseabundos" que levan padecendo durante anos.
Sentenza do Supremo
Un "defecto de forma" permitiu á empresa continuar coa súa actividade logo de que o Supremo lle anulase a licenza ambiental.
Traslado a un polígono
Os veciños esixen o traslado da empresa a un polígono industrial lonxe das zonas residenciais. Antonio é veciño de Rande.
Cansos de denunciar
Veciños como Venancio afirman que están "cansos" de poñer denuncias ante o Concello e a polícía local das que nunca obteñen unha solución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará