Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conta atrás para o Entroido

RR_Noticias

Un total de 23 comparsas participarán o vindeiro domingo no tradicional desfile que percorrerá ás rúas de Redondela a partir das seis da tarde. En Chapela o desfile será unha semana despois, o sábado 9 e contará coa presenza de 17 agrupacións. Con todo, as actividades máis madrugadoras serán xa o vindeiro día 2 de marzo con obradoiros para os nenos, desfile e festa infantil na praza da Constitución a cargo do grupo “As aventuras de Paio”.

Pechado xa o prazo de inscrición serán un total de 23 as comparsas que este domingo encherán as rúas do casco urbano de cor, música e festa, nun desfile que sairá ás 18:00 horas dende o Campo da Feira para desfilar polo centro da vila e participar dun concurso que repartirá un primeiro premio de 900 euros, un segundo de 600 e un terceiro dotado con 300 euros. Haberá ademais como novidades outros premios de 500 euros a comparsa cos integrantes máis novos, a comparsa máis divertida e un premio especial de inclusión á diversidade que premiará a comparsa con maior número de participantes que teñan unha discapacidade.  
Por outra banda, os nenos e nenas que queiran participar do entroido infantil que se celebra natarde do sábado deben inscribirse antes do vindeiros xoves día 28. Unha programación orientada aos máis cativos que inclúe un obradoiro de elaboración de disfraces e instrumentos con material reciclados que se desenvolverá no paseo da xunqueira e que conta cun totlde 120 prazas dispoñibles. Haberá tamén inchables e un desfile dende a praza de Ribadavia ata a praza da Constitución. Ás 20:30 horas a xornada rematará cun concerto infantil a cargo do grupo “As aventuras de Paio”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará