Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O socialista Mauro Álvarez renuncia a súa acta por motivos laborais

RR_Noticias

O edil do grupo municipal do PSOE de Redondela, Mauro Álvarez Castro, presentou onte a súa renuncia á acta como concelleira por motivos laborais. Álvarez, de 28 anos e veciño de Chapela, é enxeñeiro de telecomunicacións e até agora compatibilizaba o seu traballo profesional co seu labor de militancia política, sendo membro da executiva do PSOE de Redondela, delegado do Comité Provincial do partido en Pontevedra e tamén cun cargo en Xuventudes Socialistas de Redondela.

Alvarez explica que “a política non é un oficio, senón a entrega ao servizo público que implica unha grande responsabilidade e dedicación. En base a estes principios e debido a unha vida profesional cunha gran carga de traballo, non podo seguir como concelleiro xa que nos vindeiros meses non vou a posuír o tempo que debo dedicarlle a temas de gran importancia para a veciñanza” prosigue “a decisión foi difícil debido aos grandes compañeiros e compañeiras que teño no grupo municipal e na agrupación, dentro de esta última seguirei traballando e axudando como fixen ata agora”. Os seus compañeiros de corporación dedicábanlle palabras de agarimo e recoñecemento que procedían tanto do seu propio grupo como do resto das formacións políticas.  

Despedida
o resto dos grupos trasladáronlle os seus mellores desexos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará