Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O derrube dun lateral do Alvedosa deixa no aire un tramo da beirarrúa en Ernestina Otero

RR_Noticias

O derrube dun lateral da canle do río Alvedosa, coa caída de numerosas pedras que deixou practicamente no aire un tramo da beirarrúa na rúa Ernestina Otero, obrigou a colocar un valado de advertencia para evitar que os peóns pasen polo tramo afectado. A reparación terá que esperar xa que os técnicos aconsellan que eses traballos non se realicen ata que non diminúa o caudal do río.

Dende hai xa días un valado impide o paso dos peóns por un tramo duns dez metros da beirarrúa en Ernestina otero. A medida de protección colocouse logo de que un lateral da canle do río se viñera abaixo nas inmediacións da estrada á altura do parque infantil da Xunqueira. Un derrube que segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, é consecuencia da erosión lóxica que a auga fixo no lugar e atendendo a que a canalización fíxose hai décadas co conseguinte deterioro do material co paso dos anos. Agora será preciso acometer unha obra para retirar as pedras que caeron ao leito do río e levantar o muro derrubado, consolidando este tramo para evitar novos afundimentos que poderían incluso afectar á estrada. De feito, o edil non descarta que o derrube poida ir a máis no caso de que se produzan enchentas ou fortes precipitacións que incrementen a forza da auga. Con todo, os traballos de reconstrución do muro terán que esperar ata que diminúa o caudal do río para poder así desvialo e permitir aos operarios traballar no lugar.  

MIguel Angel Álvarez Medio Ambiente
A auga levou por diante parte do muro da canle do Alvedosa
Reparación e riscos
hai que esperar a que baixa o caudal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará