Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición ve un “fracaso das políticas do goberno” que haxa que incrementar as axudas ás entidades sociais

RR_Noticias

O pleno aprobou cos votos a favor de todos os grupos e a abstención de AER, a proposta do goberno local de incrementar as axudas a entidades sociais, culturais e deportivas. Un incremento de 50.500 euros respecto do que viñan recibindo ata o de agora que benefician a colectivos como Asociación Andaina, Lenda, Asociación contra o Cancro, Cáritas ou Hermanos pobres de Teis entre outras.

A voceira do PP, Carmen Amoedo, xustificou a proposta para garantir un servizo de calidade á cidadanía asegurando que “estas asociacións do eido social, educativo e cultural conten cos recursos necesarios para seguir realizando o seu labor”. Engadía a popular que as subas responde a propia petición dos colectivos e criticaba que “cando gobernaba PSOE e BNG moitas desas asociacións careceran de axudas económicas por parte do Concello”. Malia darlle o seu apoio a oposición criticou que dende o goberno local se teña delegado nas asociacións de ámbito social a atención a sectores sociais con determinadas necesidades que deberían ser atendidos directamente dende a administración a través dos seus servizos sociais. Así, o edil non adscrito Enrique Fojo falaba de privatización dos servizos sociais e aseguraba o feito de ter que incrementar as achegas a colectivos que axudan a familias desfavorecidas demostra que “hai máis face e máis necesidades o cal é preocupante”. O nacionalista Xoán Carlos González criticaba que “dende o concello se renunciase a dar atención a colectivos que o necesitan, o que obriga a estas entidades de carácter social a atender a máis familias”. Pola súa banda, a edil socialista Digna Rivas, acusou ao goberno local de non ter criterios obxectivos á hora de subir estas axudas “non se fai en base a un proxecto senón con total improvisación por parte do goberno”. Argumentou o seu voto a favor por responsabilidades co labor e o traballo que os colectivos desenvolver en Redondela. A proposta contou cos votos a favor de todos os grupos agás a abstención de AER quen insistían na idea de que “os máis de 62.000 euros que se destinan a asociación de carácter social amosa un fracaso absoluto das políticas sociais do goberno”.  

Carmen Amoedo PP
Explica os motivos que levan a incrementar as axudas nominativas
Enrique Fojo edil non adscrito
Máis axudas porque hai máis necesidades
Xoán Carlos González BNG
O concello renuncia a atender as necesidades dos veciños
Roberto Darriba AER
Fracaso absoluto das políticas do goberno
Digna Rivas PSOE
Uns incrementos que non responden a criterios obxectivos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará