Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas celebra o seu aniversario cun sábado de festa

RR_Noticias

Procesión paxaretil, xantar popular, guateque e contacontos é a proposta festiva que organiza o colectivo feminista de Redondela para celebrar o seu primeiro aniversario. Actividades abertas a todo o que queira achegarse durante a xornada do sábado na Discotasca.

As actividades arrancarán ás 12:00 horas do vindeiro sábado día 16 cunha procesión Paxaretil que contará coa animación musical do colectivo vigués Nós Mesmas quen amenizarán a marcha que partirá dende a praza da Farola a ritmo de batukada. Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular na Discotasca e ás 17:00 horas un bingo feminista seguido dun guateque a partir das seis da tarde. Xa en horario nocturno a redondelá Puchi será a encargada do monólogo que se escoitará tamén na discotasca e as 22:30 haberá unha pinchada feminista coa participación de Dj Russinha. A festa está aberta a todos os públicos e aquelas persoas que se acheguen con algún detalle feminista entrará nun sorteo sorpresa. O obxectivo desta iniciativa, ademais de celebrar o primeiro aniversario do colectivo é achegar a todas as persoas o feminismo dun xeito lúdico e divertido. Por outra banda paxaretas organiza unha marcha a Lugo para participar na manifestación feminista unitaria que terá lugar o día 3 de marzo. As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo paxaretasredondela@gmail.com antes do 20 de febreiro. O custe é de 10 euros que se investirán en pagar o autobús, con ida e volta na mesma xornada do 3 de marzo e o restante para axudar cos custos da manifestación.  

Puchi Paxaretas
Promociona o evento do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará