Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta de Sendeirismo á Costa da Vela coa Asociación Cultural e social de Chapela

RR_Noticias

A asociación de Chapela aposta polo deporte en grupo e convoca a súa terceira ruta de sendeirismo para o vindeiro sábado 23 de febreiro. Unha actividade que contará cun guía e que levará aos participantes ao Monte do Facho e a percorrer a ruta dos faros. Os interesados deben inscribirse no teléfono 637931747. O prezo é de 3 euros.

Sendeiros, camiños silvestres e praias forman parte da contorna de Cabo Home. Atá esa zona chegará esta III ruta de sendeirismo que organiza a Asociación Cultural e social de Chapela  que propón nesta ocasión un percorrido circular de 13,5 kilómetros e  que inclúe unha visita ao poboado castrexo de Beróbriga situado no punto máis alto da ruta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará