Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco, a seguir coa boa racha

RR_Noticias

O equipo que adestra Gonzalo Fernández “Gonza” suma oito xornadas sen coñecer a derrota, logo do empate colleitado no campo do Vilalbés. Unha xeira moi positiva e que reflicte a notable melloría do equipo nos últimos meses, sobre todo nos partidos fóra da casa. Este domingo agardan ao Ribadumia en Santa Mariña.

Cun sabor “agridoce”, así regresou o C.D. Choco da Magdalena, onde acadaron un empate logo de ir por diante no marcador ata os últimos 10 minutos, cando os locais anotaron o 1-1 nunha acción a balón parado protestada polo club redondelán. Con todo, o adestrador amósase “moi satisfeito” co rendemento do equipo, que leva oito xornadas sen coñecer a derrota. Os número do Choco melloraron moito, sobre todo nos partidos que xogan como visitante, e iso nótase. A próxima cita será en Santa Mariña, onde xogan o domingo ante o Ribadumia, equipo situado na metade baixa da táboa. No partido de ida, o Ribadumia impúxose por 2-1. Agora a táboa reflicte que o Choco é 9º e o Ribadumia 16º, con 9 puntos menos que os redondeláns. “Gonza” augura un partido complicado, xa que o rival está pelexando por afastarse dos postos de descenso, e o Choco afronta o partido con numerosas baixas. Fichaxe de Isaac Santiago Para tentar cubrir as ausencias que deixan as numerosas lesións que está a sufrir o Choco esta temporada, o club acaba de confirmar a fichaxe de Isaac Santiago, que aos 31 anos, reforza o equipo logo de sete temporadas sen militar en equipos federados. De rapaz xogou no club redondelán, e pasou tamén por Rápido de Bouzas, Pontevedra, Caselas, Nigrán e Arbo. Trátase dun reforzo veterano, pero moi versátil, un xogador de ataque con “perfil Choco”, como explica o técnico. Santiago precisa “coller o ritmo de competición” e no club confían en que poida axudar ao equipo na recta final da temporada tanto na liga como na Copa Deputación.

Gonzalo Fernández "Gonza" adestrador
Levan unha racha moi positiva que reflicte a melloría do equipo nos últimos meses sobre todo nos partidos fóra da casa.
CD. Choco- Ribadumia
"Gonza" augura un partido complicado xa que o rival está pelexando por afastarse dos postos de descenso.
Fichaxe veterana
Isaac Santiago reforza o equipo. Trátase dun xogador de ataque con "perfil Choco".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará