Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas critica que un local de Redondela ofreza entrada e copas gratis ás mulleres

RR_Noticias

A Asemblea Feminista de Redondela critica que unha discoteca da vila empregue este reclamo que dá a entender aos homes que teñen asegurada a presenza das mozas cando vaian a este local. Un incentivo publicitario, o de ofertar entrada e copa gratis ás mulleres que “nos converte en mercadoría, en decorado de sala para que non estea baleira cando cheguen os homes”.

Paxaretas denuncia non só este tipo de acción, moi habituais en locais de copas e discotecas que ofrecen descontos, entradas gratuítas ou copas ás mulleres, e que son tan só algúns dos reclamos sexistas característicos dos negocios nocturno tales como “o emprego de gogós, camareiras hipersexualizadas por esixencia dos xefes, publicidade destes negocios con mulleres espidas,… coa única finalidade de conseguir clientela a cambio de empregar os corpos das mulleres como obxecto de consumo”.
Conclúe o colectivo afirmando que “unha discoteca é un negocio e como tal non realiza esta oferta porque si fano porque saben que os rapaces van á discoteca precisamente porque vai estar chea de mulleres”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará