Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa suman forzas contra a violencia machista

RR_Noticias

Os alcaldes das tres localidades renovaron un acordo de colaboración ante a aparición de posibles casos de violencia de xénero nalgúns dos tres municipios. O convenio inclúe medidas  para dotar ás vítimas de axuda psicolóxica ademais de posibles alternativas habitacionales axustadas ás súas necesidades. Así, se unha posible vítima non pode ter no seu municipio as medidas de intimidade ou protección necesarias, para ela ou os seus familiares dependentes, poderá recibir axuda nalgún outro municipio de maneira rápida e efectiva, e coa axuda constante de profesionais.

Os alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera, Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, e Vilaboa, José Luís Poceiro, certificaron a colaboración entre o tres municipios para a loita contra a violencia machista. O acordo asinouse no Centro de Información á Muller situado en Arcade antes da celebración da mesa de coordinación intermunicipal para a atención integral das vítimas de violencia de xénero.
A colaboración entre o tres Concellos en contra da violencia machista contempla distintos protocolos de actuación ante a aparición de posibles casos de violencia de xénero no tres municipios. Desta maneira, establécense as medidas necesarias para dotar ás vítimas de axuda psicolóxica ademais de posibles alternativas habitacionais axustadas ás súas necesidades. Así, se unha posible vítima non pode ter no seu municipio as medidas de intimidade ou protección necesarias, para ela ou os seus familiares dependentes, poderá recibir axuda nalgún outro municipio de maneira rápida e efectiva, e coa axuda constante de profesionais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará