Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos mellora as súas instalacións deportivas cun novo ximnasio e pistas de padel

RR_Noticias

As obras de urbanización, ximnasio e pista de padel estanse a desenvolver nas inmediacións do pavillón e piscinas municipais xa existentes e contan cun orzamento de 686.731 euros financiados na súa totalidade con cargo a Deputación. A pista de padel, que estará cuberta para poder facer uso da mesma durante todo o ano, instalarase xunto ao ximnasio. Xunto ás instalacións deportivas, a actuación tamén contempla melloras na mobilidade, humanización e accesibilidade ao recinto coa instalación de beirarrúas e puntos de luz.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, visitaron este martes as obras de urbanización, ximnasio e pista de padel. A actuación ascende a 686.731,68€ dos que a Deputación achega 549.385,34 euros a través do Plan de Reequilibrio, e o Concello 137.347,34 € que son financiados con cargo ao Plan Concellos da institución provincial.
Silva referiuse á centralización das infraestruturas deportivas na mesma área, “facilitando o mantemento dos servizos e que a xente teña garantidas, nun mesmo espazo, aquelas cuestións que teñen que ver co deporte e a saúde”. Precisamente por este motivo, e trala petición do alcalde de Fornelos de Montes, a presidenta provincial amosou a súa vontade para mellorar a cuberta do pavillón da vila. Do mesmo xeito, Silva comprometeuse a redactar o proxecto para acondicionar a ponte romana que une a Fornelos co concello da Lama , asegurando que “este elemento do patrimonio histórico ten que volver a ser unha sinal de identidade da vila”.
Pola súa banda o alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, agradeceu á Deputación “todo o que ten feito polo concello, xa que nunca a Deputación investira tantos recursos en Fornelos como nesta lexislatura. Todo o equipo de goberno e mesmo a oposición estamos moi agradecidos e agradecidas”. Sobre a obra visitada, Lage destacou a aposta pola centralización “para facilitar a xestión e abaratar os custes de mantemento”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará