Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sinha Paca convoca unha protesta para denunciar o deterioro da política cultural en Redondela

RR_Noticias

A Plataforma de Activistas e Artistas de Redondela, “SinhaPaca” súmase ás voces de alerta en torno a “perda cultural dramática” que está a padecer o municipio. Unha reacción que se produce logo da dimisión do director e equipo do Redondela en curto ao fronte do certame e que se ven sumar á perda de diferentes festivais xa consolidados en Redondela como o Ventorock e o Ventofolk, o magosto furtivo do Viso, o Arrastro RocK ou o Arde Rande. A Plataforma convoca este xoves ás 19.30 horas unha concentración diante do Multiúsos e presentará unha moción ao pleno na que instan ao concello a modificar a súa política cultural.

Aseguran dende Sinha Paca que “nos últimos meses ou anos asistimos a unha perda cultural dramática no Concello de Redondela” facendo referencia aos eventos e actividades musicais ou culturais que se deixaron de facer en 2018 así como ao que cualifican de “falta de respecto, por parte dos responsables municipais, para coa cidadanía que, de maneira ordenada e respectuosa solicita permisos e equipamentos municipais para levar a cabo actividades culturais e deportivas gratuítas e abertas a todos os veciños”.
Exemplifican estes atrancos no acontecido co equipo de persoas que organizaban o Redondela en Curto, nomeadamente o seu director Fernando “Cuchi” Carreira, e que os levou a súa dimisión xa que segundo din “resulta intolerable o desprezo amosado por Javier Bas e a concelleira de cultura a todas as persoas que durante estes anos veñen facendo posible este festival” e cualifican de “insultante a prepotencia do alcalde de Redondela cando anuncia sen reparo algún que o festival se realizará si ou si, apropiándose dunha xestión que non lle pertence”.
Ante o “deterioro da cultura provocada pola falta de interese amosada polo Partido Popular” a plataforma convoca unha concentración este xoves diante do Multiusos ás 19:30 horas, media hora ante do inicio do pleno no que está previsto se debata unha moción na que solicitan que dende o goberno local se inicie un diálogo canto antes cos colectivos e asociacións culturais que teñen abandonado, así como coas que continúan, para reconducir esta lamentable situación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará