Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pilar Rodríguez, PACs en pé de guerra: “A situación en atención primaria é unha situación límite”

RR_Noticias

Enfermeira e membro do colectivo “PACs en pé de guerra”, Pilar Rodríguez será unha das participantes no acto informativo que o BNG de Redondela organiza este venres día 1 ás 20:00 horas na Casa da Cultura co obxecto de abordar a situación de deterioro que está a sufrir a sanidade pública en Galicia. Unha charla coloquio baixo o título “a saúde é un dereito non un negocio” que contará tamén coas intervencións da deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Prado e o voceiro do BNG en Redondela, Xoán Carlos González.

O obxectivo é analizar as posibles accións interesadas que podería haber detrás do desmantelamento da sanidade pública. “Nos últimos tempos tense constatado un incremento dos seguros privados porque a xente busca alternativas ante unha sanidade con grandes listas de espera, demoras que chegan incluso a atención privada”, así o entende Pilar Rodríguez, enfermeira que coñece ben o traballos dos Puntos de Atención Continuada (PAC,s), un servizo que leva semanas en folga para protestar polo progresivo e continuado empeoramento da sanidade pública. Dende o colectivo Pac,s en pé de guerra comparten reivindicación con outros profesionais que busca coas súas protestas “mellorar os medios e o persoal dos centros de saúde e cambiar a forma de traballar para mellorar a atención ao paciente”. De todo isto falarase este venres día 1 de febreiro as 20:00 horas na casa da cultura de Redondela, nun acto organizado polo BNG de Redondela.  

Pilar Rodríguez PACs en pé de guerra
Demandas compartidas por todos os profesionais da sanidade
Planificación interesada
Ao final os beneficiados son os seguros privados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará