Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo acolle unha asemblea informativa sobre o acordo en torno ao polígono industrial

RR_Noticias

A comunidade de Montes de Amoedo e os grupos municipais de Alternativa Veciñal, PsdeG-PSOE e a a concelleira non adscrita Lorena Domínguez explicarán os pormenores do acordo que asinaron e que foi aprobado en Pleno co obxecto de desbloquear o conflito do polígono industrial de Amoedo. A asemblea, aberta a toa a veciñanza, celebrarase o sábado 26 de xaneiro ás 19:00 horas no centro cultural da parroquia.

Durante os últimos meses fixéronse públicas opinións radicalmente contraditorias acerca da legalidade e/ou oportunidade deste acordo. Por este motivo, os convocantes animan vivamente á veciñanza a acudir para informarse de primeira man e, tamén, para pedir calquera aclaración que precisen para despexar toda dúbida.
Na busca da maior transparencia, tamén trasladaron un convite ao alcalde Andrés Iglesias para que nesta asemblea se poidan escoitar todas as voces e todas as opinións, as favorables e as contrarias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará