Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona para conmemorar o “50 aniversario” das Bibliotecas

RR_Noticias

As Bibliotecas Municipais de Redondela continúan coas celebracións en torno ao seu medio século de vida e fano cunha proposta orientada ao público familiar, un concerto a cargo da ” Uxia Lambona e a Banda Molona”. A cita será este venres ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balda, previa retirada das invitacións que estarán a disposición do público dúas horas antes do inicio da función.

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o sue toque particular, desde A Carolina rapeada ata El Jato rockero, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que os nenos participen cantando, xogando e bailando. Así mesmo, no acto farase entrega do recoñecemento aos  Mellores Lectores Infantís do Ano 2018, que ten como obxectivo fomentar a lectura entre os pequenos e premiar aos usuarios máis activos no servizo de préstamo ao longo do ano 2018 nas bibliotecas de Redondela.  

Mª Elena Becerra Biblioteca
Un concerto moi animado para grandes e cativos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará