Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados reactivan a loita contra a peaxe en Rande

RR_Noticias

Anuncian que iniciarán unha recollida de sinaturas por toda a comarca e convocan á veciñanza a unha asemblea que se desenvolverá este venres ás 20:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego para informar das distintas accións que teñen previsto levar a cabo.

Representantes dos grupos políticos de Redondela, afectados pola ampliación da AP-9, as asociación de veciños de Chapela e Trasmañó e a Asociación de Empresarios de Redondela acordaron iniciar unha mobilización social co obxectivo de involucrar a colectivos doutros municipios limítrofes como Vigo, Soutomaior e Pazos de Borbén na loita contra a peaxe en Rande.
Na xuntanza acordouse comezar unha recollida de sinaturas por todas a comarca para recabar apoios. Tamén se valora a posibilidade de convocar unha gran manifestación para protestar contra unha peaxe que é a máis cara en prezo por quilómetro de toda España. Outra das reivindicacións pasa, unha vez máis, por reclamar o inicio das obras comprometidas por Fomento para repoñer os viais afectados polas obras de ampliación.
De todos isto, informarase á veciñanza nunha asemblea aberta que se desenvolverá o venres ás 20:00 horas no Multiúsos do Piñeiral en Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará