Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras no centro de saúde de Pazos arrancarán a finais de mes con 148.000€ de investimento

RR_Noticias

O Concello finalizou os trámites para a contratación das obras de ampliación e mellora do centro de saúde. O proxecto, que dará comezo a finais deste mes, foi adxudicado á empresa Proyecon, proxectos e construcións cun orzamento de 148.000 euros que serán financiados ao 100% pola Consellería de Sanidade. A reforma conta cun prazo de execución de tres meses polo que está previsto que estean rematadas a finais de abril.

A reforma e ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén inclúe a dotación de diferentes espazos necesarios para mellorar a atención aos usuarios, como unha sala de espera polivalente, unha sala de espera para pediatría, a adaptación e modernización de diferentes estancias como as consultas e oficinas, así como a ampliación de espazos para servizos e almacéns.
Unha vez terminado, o centro de saúde de Pazos de Borbén contará cunha consulta de medicamento xeral, unha sala de enfermaría, unha sala polivalente, unha consulta de pediatría-matroa, unha sala de espera pediátrica, almacén, vestiarios e aseos. Ademais, adecuarase o edificio ás normas sobre accesibilidade cunha rampla desde o exterior á entrada principal. Do mesmo xeito instalarase unha saída de emerxencia na fachada traseira do centro.
Logo das críticas da Agrupación de electores Alternativa Veciñal que culpabilizaban ao Concellos dos atrasos que acumulaba esta obra, o alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, destacou que “estas cousas sempre tardan máis do que queremos, pero tal e como anunciamos o día da presentación do proxecto, as obras levarán a cabo no prazo previsto terán que estar terminadas a finais de abril”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará