Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela ofrece un ciclo de teatro afeccionado con cinco actuacións

RR_Noticias

A Asociación cultural e social de Chapela en colaboración coa concellería de Cultura pon en marcha o VII Ciclo de Teatro Afeccionado de Chapela con presenza dos grupos As Fedellas, Xunco de Parderrubias, Atlántida de Matamá, Misturarte Teatro e, como colofón, a compañía Expresión Producións. As funcións serán os sábados 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 e 9 de febreiro no auditorio do Piñeiral do Crego con entrada gratuíta. Todas as actuacións serán ás 20:30 horas, agás a primeira que se adianta ás 18:30 horas por tratarse dunha proposta orientada ao público infantil.

Este ciclo, que cada mes de xaneiro convértese na cita obrigada dos amantes do teatro en Chapela, celebra a súa sétimo edición con novidades. A máis salientable: o feito de que se incremente o número de obras cunha actuación final a cargo dun grupo de teatro profesional, a Compañía Expresión Porducións que ofrecerá o día 9 de febreiro a obra ¿Qué é o que precisas?, unha comedia de enredo que será a encargada de pechar o ciclo. Previamente, pasarán polo Multiúsos do Piñeiral catro compañías de teatro afeccionado sendo a primeira proposta este mesmo sábado día 12 coa Bolboreta Roseta dirixida ao público infantil. En sábados posteriores poderemos asistir á comedia “O fontaneiro e a miña muller” o día 19 e unha relectura do Enfermo imaxinario de Moliere a cargo do grupo de teatro de Matamá o día 26. A cuarta actuación correrá a cargo do grupo da Asociación Cultural da Parroquia coa obra “A Reunión dos Zanni” baixo a dirección de Chusa Couñago. As entradas para cada unha das funcións son gratuítas e poderanse retirar unha hora antes de cada actuación ata completar o aforamento do auditorio.  

Santi Darroza organizador
Un ciclo que presenta novidades
A bolboreta Roseta
Unha proposta para o público infantil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará