Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caramuxo Vermello presenta o seu espectáculo “Caramushow” no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

Música en directo, humor e teatro combínanse nun espectáculo cun ritmo trepidante e un formato novidoso que transportará ao público a unha película de gangsters. O precursores da música rythm & free presentan este sábado 12 de xaneiro ás 21:30 horas no Multiúsos da Xunqueira o seu primeiro disco. As entradas están a venda a un prezo de 8 euros.

Teatro e música en directo fusiónanse no Caramushow, un espectáculo do grupo redondelán Caramuxo Vermello ambientado nun club de jazz dos anos 30, que busca trasladar aos espectadores a unha película de mafiosos. No “Llas Clab”, música e acción danse a man para transportar ao espectador a unha película de gangsters chea de intriga. Un espectáculo coidadosamente ambientado que nos traslada a un local nocturno de Nova Orleáns onde a banda interpreta o seu repertorio ao “máis puro estilo rythm & free” e no que se sucederán pelexas, sospeitas, pirotecnia, acción e moita música cun ritmo trepidante para mergullar ao espectador nunha auténtica película de gansters. O disco e DVD “Caramushow” gravado en directo presentarase este sábado día 12 no Multiusos da Xunqueira ás 21:30h e o día 18 no Teatro Carlos III de Aranjuez. Alí poderanse adquirir os primeiros exemplares nun novidoso formato pen drive que contén, ademais do disco e o video do seu directo, diversos contidos extra de Caramuxo Vermello e do Caramushow.  

Lui Pérez músico
Un estilo propio: o rythm & free
Ademar Silvoso actor
Un espectáculo que fusiona teatro e música en directo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará