Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos despiden o ano con baile, música e as badaladas

RR_Noticias

Os máis pequenos da casa adiantan a despedida do 2018 cunha festa no multiúsos da Xunqueira dende ás 11.00 horas. Música, actividades de animación e baile serán as protagonistas desta xornada na que non faltarán as badaladas, ás doce do mediodía, na Alameda de Chapela e na Praza da Constitución en Redondela.

Os rapaces serán os máis madrugadoras para despedir este ano. A festa comezará ás once da mañá con distintas actividades en torno á música e ao baile no multiúsos de Redondela. Tamén prepararán os lacasitos que lle servirán para darlle a benvida ao 2019 este mediodía na Alameda Rosalía de Castro, en Chapela, e na praza da Constitución en Redondela.
Non faltará tampouco a Coca Simona e o Super Choquiño que animarán este último día do ano percorreran as rúas do casco urbano.
Unhas actividades, promovidas dende a concellería de Eventos e Cultura, e que continuarán o mércores, 2 de xaneiro, coa visita dos Reis Magos a Redondela e un obradoiro de cociña en Chapela. O xoves os cativos poderán disfrutar de karaoke e obradoiros de Taichi e o sábado, na casa da Cultura, celebrarase un obradoiro de lingua de signos.
Un ano que tamén arrancará con actividades para os adultos coa Gala Vienesa de Aninovo e a Orquestra de Saxos, no multiúsos da Xunqueira, con entrada de balde, a partir das 20.30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará