Hoxe é Martes 24 de Novembro de 2020

Xuventude pon en marcha un programa de actividades de ocio alternativo nas fins de semana

RR_Noticias

A iniciativa está orientada a mozos e mozas de 12 a 17 anos e inclúe un completo programa de actividades deportivas como fútbol e baloncesto, tiro con arco, baile urbano, skate, remo, fitness nocturno ou obradoiros de graffitis e coctelería entre outros. O obxectivo da concellería é que esta actividades se manteñan todas as fin de semana como unha proposta divertida e saudable alternativa a outro tipo de ocio que fomenta o consumo do alcohol ou drogas.

“Xeración LOL” é o nome desta iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Xuventude e na que se inclúen diferentes modalidades deportivas e obradoiros orientados a mozos e mozas que teñan entre 12 e 17 anos. O obxectivo é proporcionar a mocidade un ocio alternativo que lles permita fuxir de ambientes onde o consumo de drogas e alcohol son sinónimos de diversión. Así, este sábado a partir das 23:00 horas e de xeito completamente gratuíto os que o desexen poderán practicar balonmán, fútbol, baloncesto, tiro con arco ou baile urbano nos pavillóns municipais ou natación na piscina municipal. Na Casa da Torre hoxe celebrarase un obradoiro de graffitis e mañá aprenderase skate e bmx a partir das 18:00 horas. Na discoteca la Movida haberá un obradoiro de DJ e produción hoxe venres e outro de coctelería 0.0 maña sábado. As propostas complétanse tamén con actividades na alameda de Chapela hoxe venres e o día 4 de xaneiro: parkour e blackline. O concelleiro de xuventude, Julio Mougán explica que non se trata dunha programación que se limite a este período vacacional “o noso obxectivo é mantelo durante os vindeiros seis meses todos os venres e sábados e ir testando como responden os mozos a este chamamento”.  

Julio Mougánxuventude
Xeración Lol
Actividades deportivas e de ocio
En redondela e Chapela

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *