Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén creará unha rede de miradoiros para poñer en valor a súa riqueza ambiental

RR_Noticias

Os miradoiros contarán con bancos que terán candanseu lema, e se “xeoposicionarán” para crear rutas entre eles. O Concello quere así potenciar o patrimonio natural local e un estilo de turismo “saudable e respectuoso co medio ambiente”.

A idea xurdiu por mor das diferentes iniciativas populares coñecidas como “o mellor banco do mundo”, coas que levan tempo instalando bancos en lugares con paisaxes especiais. “E ese é precisamente o forte do municipio de Pazos, as grandes paisaxes naturais”, segundo indica o alcalde, Andrés Igrexas. O rexedor pretende así potenciar o turismo de natureza no municipio, pero tamén é”que os veciños se sintan orgullosos de toda a beleza que temos”. Os miradoiros estarán situados en puntos estratéxicos do municipio que destacan polo seu valor paisaxístico como os altos do Santo Aparecido ou Pedraquetiña, que achegan vistas únicas do val do Borbén. En total, está previsto instalar un total de 8 bancos, cada un cunha lema escollido polos propios veciños da zona no seu respaldo. O obxcectivo do Concello é “que os veciños se impliquen” e que cada miradoiro “diga algo da xente que viven alí”. Do mesmo xeito, desde o Concello pretenden que os futuros beneficios desta iniciativa cheguen de maneira directa aos seus veciños, polo que todos os bancos estarán xeoposicionados para facilitar a súa localización e deseñaranse rutas entre os miradoiros con información dos puntos de interese nese traxecto, incluíndo restaurantes e comercios locais que poidan dar servizo aos visitantes. Está previsto que os primeiros bancos empecen a instalarse as primeiras semanas do mes de febreiro, unha vez terminada a fase de selección de cada unha das lemas que rezarán nos bancos, para o que xa se deseñou unha campaña de colaboración veciñal que comezará despois das festas de Nadal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará