Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita incrementar o IBI a AENA e Autoridade Portuaria

RR_Noticias

A modificación do Imposto de bens Inmobles proposta polo BNG non saíu adiante ao non contar co apoio do restos dos grupos. PSOE, AER abstivéronse e o  grupo de goberno votaron en contra por entender que no caso de aprobar este incremento do tipo impositivo a determinadas empresas implicaría consecuencias de carácter xudicial. Tan só o edil non adscrito amosou o seu apoio a reclamación do Bloque aínda que o resto dos grupos da oposición abriron a porta a estudar unha modificación da ordenanza de cara a gravar as grandes empresas asentadas en Redondela.

A ordenanza do IBI aprobada hoxe supón subir o tipo a Audasa nun 30%. Malia o incremento porcentual serán tan só mil euros de suba para unha concesionaria que gaña millóns. De cara a que esta modificación tivera unha repercusión maior nas arcas municipais reclamaban o BNG que este incremento se aplicara tamén a outras empresas como AENA ou a Autoridade Portuaria. O edil nacionalista Xoán Carlos González atopou tan só o apoio do edil non adscrito Enrique Fojo. Tanto PSOE como AER abriron a porta a modificar a ordenanza no sentido suxerido polo Bloque, pero optaron pola abstención o entender que no caso de incluír agora esta modificación, as empresas afectadas recorrerán xudicialmente, o que suporía un maior gasto para o concello que os cartos que se poderían recadar pro este concepto. Iso si, tenderon a man a elaborar “unha modificación profunda da ordenanza” Dende o PP insistiron na idea de que non toca neste momento incrementar o tipo impositivo a estas infraestruturas.  

Xoán Carlos González BNG
O Bloque foi quen presentou a reclamación
Enrique Fojo edil non adscrito
Apoiou a proposta do BNG
Roberto Darriba AER
Propoñen que se estude noutro momento unha modificación para incluir a proposta dos nacionalistas
Leonardo Cabaleiro PSOE
Explicaba a abstención do seu grupo polas consecuencias xudiciais
Carmen Amoedo PP
os populares entenden que non é o momento de abrir este debate

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará