Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos traballa na posta en valor dos máis de 30 chozos achados na parroquia de Estacas

RR_Noticias

O arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela, salienta o indubidable valor deste conxunto “o máis importante de toda Galicia” integrado por máis de trinta chozos, unhas construcións antigas que empregaban os pastores para protexerse das inclemencias do tempo ou pasar neles a noite.  O conxunto foi atopado pola Comunidade de Montes da parroquia de Estacas cando procedían a abrir unha pista forestal.

Estes chozos presentan unha arquitectura moi particular, xa que lembran a un dolmen, malia que a súa datación é posterior. Para realizalos os seus creadores aproveitaban as rochas e os seus ocos para construír este refuxio. O elevado número de chozos atopados, aínda por inventariar, fai pensar que se podería tratar incluso dunha aldea. No lugar tamén se ten atopado un neveiro, un foxo do lobo e petróglifos. O xacemento darase a coñecer o vindeiro 11 de xaneiro durante a inauguración do Centro Social de Estacas e cunha conferencia que correrá a cargo do propio Xurxo Constela.  

Xurxo Constela arqueólogo
Ningún conxunto supera en Galicia ao atopado en Fornelos
Acubillo dos pastores
Un lugar onde regardarse
Posta en valor
Confían en contar coa axuda do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará