Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento e Audasa plantan por terceira vez á Comisión de seguimento da AP-9

RR_Noticias

O alcalde, Javier Bas amosa a súa indignación ante Fomento que “volve unha vez máis a ningunear aos veciños”. Ante esta situación, o goberno local solicitará unha xuntanza coa Subdelegación do goberno na que estean presentes tanto o Ministerio como a concesionaria da autoestrada para abordar os puntos que estaban previstos na Comisión convocada para as dez da mañá de hoxe. Anuncia tamén que irá a Madrid a xuntarse con grupos parlamentarios con representación na comisión do Ministerio.

Os representantes do concello, tanto do goberno local como de PSOE e AER, así como os representantes veciñais da Asociación de Afectados pola AP-9 e Asociación de veciños de Chapela e Trasmañó acudían na mañá de hoxe a unha xuntanza da Comisión de Seguimento convocada no Multiúsos do Piñeiral. O obxectivo era demandar a Fomento e a Audasa a situación na que se atopan as obras e melloras pendentes por acometer nestas parroquias e incluídas na adenda. Temas tales como a instalación de pantallas acústicas, medidas previstas en materia de insonorización de vivendas, actuacións previstas no Castelo de Rande ou cuestións vencelladas coa expropiación de terreos e vivendas. Temas que quedaron sen resposta ao non presentarse á convocatoria nin representantes de Fomento nin de Audasa, algo que o alcalde Javier Bas cualifica de “indignante”. Logo de tres desplantes por parte do Ministerio queda descartado facer unha cuarta convocatoria da Comisión pero si se decidiu solicitar unha xuntanza coa Subdelegación do goberno na que estean presentes tanto representantes do Ministerio como do concesionaria. Ademais está prevista unha reunión coa Conselleira de Infraestruturas, cos grupos parlamentarios de Galicia e cos grupos que están presentes na comisión de Fomento en Madrid. Bas denuncia que con esta postura por parte de Fomento “que se nega incluso a poñerse ao teléfono para dar información sobre asuntos que afectan de cheo a estas parroquias” están fomentando a incerteza e o malestar entre os veciños.  

Javier Bas alcalde
Terceiro plantón en menos de dous meses
Medidas
Solicitaranse reunións a outro nivel
Xerar malestar
Acusas a FOmento de xerar incerteza entre os veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará