Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diego Lorenzo: “Precisamos mellorar os erros cara a portería, que nos están lastrando”

RR_Noticias

O adestrador da SAR de Primeira Autonómica lamenta a falta de eficacia en canto ao gol. Advirte que, malia crear máis ocasións que os rivais, non materializan mesmo as oportunidades máis claras. Un problema que os deixa na cuarta praza do grupo, cando poderían estar líderes, segundo as súas contas.

Lorenzo contabiliza “ata seis puntos perdidos por erros na definición”. A última derrota foi a da pasada xornada na pista do Pabellón Ourense, por un gol de diferencia, malia se superiores ao rival e xerar moitas máis ocasións claras de gol. O parón ligueiro desta semana, co gallo da ponte festiva, servirá para seguir analizando estes erros. O técnico sinala que levan “moito tempo con este lastre”. Para Lorenzo é vital “atopar a tecla” para mudar a situación e acadar o obxectivo do club, que pasa por achegarse aos postos de cabeza e pelexar pola fase de ascenso. A competición regresa o 15 de decembro, e confía que estas semanas sirvan tamén para recuperar xogadores lesionados. A próxima cita ligueira será en Redondela, ante o Viveiro.

Diego Lorenzo adestrador da SAR
O adestrador da SAR de Primeira Autonómica lamenta a falta de eficacia en canto ao gol.
Recuperar xogadores
A competición regresa o 15 de decembro e confía que estas semanas sirvan tamén para recuperar xogadores lesionados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará