Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela xa é Cidade da Infancia de Unicef

RR_Noticias

Este municipio é un dos 200 de toda España distinguidos por Unicef como “Cidades Amigas da Ifancia”. O Alcalde, Javier Bas, recibiu onte o nomeamento en Oviedo logo do traballo realizado xunto aos colexios e institutos de Redondela en programas e actividades “nas que os nenos son os protagonistas”, xa que son os propios rapaces os que definen o que queren para mellorar a cidade na que viven.

Este é, de feito, un dos principios básicos que marca Unicef para a obtención desta distinción. O Alcalde quixo destacar esta distinción como “un premio a un traballo de colaboración do Concello cos nenos dos colexios e institutos do noso municipio aos que lle quero dar as grazas pola paixón posta neste proxecto que nos levou a conseguilo no primeiro intento”. Bas Corugeira tamén destacou “a boa coordinación entre as concellarías de Educación, Mocidade e Benestar Social” que traballaron conxuntamente neste proxecto. Para o rexedor local a distinción “non pode quedar só nunha declaración de intencións, senón que hai que dar un paso máis e darlles o protagonismo e a voz nos temas que marcan o bo desarrolo do municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará