Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de inciación á informática e de perfeccionamento na aula Cemit de Redondela

RR_Noticias

O departamento de Novas Tecnoloxías por en marcha en decembro un total de once cursos que van desde a “Alfabetización Dixital” para aqueles que non teñen coñecementos de informática, ata os clases avanzadas de edición fotográfica, redes sociais ou cursos de idiomas por ordenador.

O prazo para apuntarse a estes cursos está xa aberto, e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición. As primeiras actividades comezarán o próximo luns, día 3, e as últimas o 26 de decembro, cun amplo abano de cursos. Desde como facer trámites “on-line” ante as administracións, ata clases de mecanografía no ordenador, compras e ventas en internet ou presentacións multimedia. Todos os cursos son totalmente de balde, e impártense na aula Cemit de Redondela, na zona da Marisma. As solcitudes deben presentarse nos rexistros do Concello en Redondela ou Chapela. En próximas datas abrirase tamén a inscrición para os cursos na aula de Chapela, e a partir de marzo de 2019 porase en marcha unha programación continua de actividades para todo o ano. Máis información no departamento de Novas Tecnoloxías, no Multiúsos da Xunqueira, ou no teléfono 986.400.366.  

Olalla Casanova de Novas Tecnoloxías
O departamento de Novas Tecnoloxías por en marcha once cursos tanto para aqueles que non teñen coñecementos de informática ata clases de perfeccionamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará