Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 60 comercios de Redondela participan hoxe nunha campaña con descontos e bonos

RR_Noticias

Os establecementos de Redondela integrados na Asociación de Empresarios ofrecen hoxe aos seus clientes unha campaña con descontos e promocións. Como novidade, os que fagan hoxe as súas compras poderán conseguir bonos exclusivos con descontos que poderán canxear noutras tendas ata o 15 de decembro.

Os establecementos asociados que participan nesta campaña identificaranse dun xeito especial, xa que contan con elementos decorativos específicos que unifican a imaxe do comercio local. No interior e exterior das tendas destacan os descontos cunhas etiquetas de gran tamaño que identifican os produtos con desconto.Un elemento novidoso desta campaña é que polas compras realizadas durante esta xornada de venres os clientes poderán conseguir bonos exclusivos de desconto que se poderán canxear noutras tendas, o que permitirá as “vendas cruzadas”. Máis de 2.000 bonos de desconto, que se poderán canxear ata o 15 de decembro, e que serán distribuídos entre os clientes, nunha campaña que pretende fidelizar as compras na vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará