Hoxe é Domingo 25 de Outubro de 2020

O BNG presenta unha enmenda os orzamentos da Xunta para mellorar a sanidade de Soutomaior

RR_Noticias

Na enmenda que o grupo municipal de Soutomaior trasladou ao seu grupo parlamentar do BNG demanda que se dote ao Concello de maneira urxente con, cando menos, dous novos facultativos: un médico de familia e un pediatra. É unha demanda que os veciños veñen realizando desde hai anos, nos últimos meses con mobilizacións na rúa.

A sanidade de Soutomaior estivo presente nos orzamentos da Xunta da man do grupo do BNG. Nesta enmenda os nacionalistas demandan que se solucione “este mesmo ano a situación de falta de médicos no municipio. O voceiro local, Manu Lourenzo, explica que a falta de persoal sanitario “está a ocasionar dende hai varios anos problemas importantes á veciñanza” e xa se convocaron varias protestas no municipio.Na enmenda que o grupo municipal de Soutomaior trasladou ao seu grupo parlamentar, o BNG demanda que se dote a Soutomaior “de maneira urxente” de cando menos “un médico de familia e un pediatra”. Lourenzo amosouse tamén “sorprendido” porque fose o BNG o único grupo que presentase unha enemenda concreta sobre a sanidade de Soutomaior e piden o apoio “de todos os grupos” á enmenda e ao PP “que a acepte” para que xa este mesmo ano “poidamos ter máis médicos en Soutomaior”. Dende o BNG tamén sinalaron que no mes de decembro se deprazarán á Xunta para demandar melloras da sanidade pública a través da entrega das sinaturas que están a recoller tanto en papel como a través de medios dixitais.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *