Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As reparacións no Centro de Deportes Acuáticos de Chapela custarán máis de 180.000 euros

RR_Noticias

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará unha para Redondela de 181.024,25 euros para financiar traballos na piscina de Chapela como a reparación das filtracións e humidades que se atopan en diferentes puntos da instalación e que afectan ao local do Club de Remo Chapela.

A partida que se aprobará esta semana pechará o Plan Concellos da Deputación para Redondela, e servirá para resolver “os problemas funcionais e de salubridade que se atopan no edificio”. Segundo explicou a deputada provincial Digna Rivas, trátase principalmente de reparacións na cuberta e nos locais que alberga o centro, e que usan diferentes entidades da vila. Así, procederase a reparar as filtracións que se provocan a través da cuberta da piscina; reparar o forxado da zona de vestiarios e duchas do Club de Remo, así como do muro traseiro desta entidade, onde tamén se producen filtracións de auga, e repararanse humidades en diferentes puntos da instalación. En palabras de Rivas “estas obras mellorarán a calidade das instalacións e das prácticas deportivas que nelas desenvolven os veciñas”. Con este último investimento, a Deputación pecha os investimentos que solicitou o Concello de Redondela neste ano 2018. O organismo provincial destinou este ano ao municipio, a través do Plan Concellos, un total de 2.005.212,11 euros, un 72,85 % máis que en 2017.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará