Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A xestión da auga a debate

RR_Noticias

A Asociación Lenda de Saúde Mental presenta mañá venres, día 16, o último número da revista “A voz de Lenda”, que versa sobre a auga. Fano cunha mesa redonda no Multiúsos da Xunqueira para falar da situación actual da xestión da auga, a visión global sobre os problemas de desabastecemento en épocas de seca, as políticas municipais e novas propostas de actuación . Participarán representantes do BNG, AER, PSOE e PP. Ás 20.00 horas.

O número 36 da revista “A voz de Lenda” xira en torno a un único tema: a auga. A súa xestión, as políticas hidrográficas, os problemas derivados do cambio climático con secas e enchentes, tec. Para presentar esta última edición a asociación Lenda organiza un debate en torno a auga. Jaime Figueroa, voceiro de Lenda, explica que os usuarios e colaboradores da revista documentáronse para abordar diferentes aspectos relacionados coa auga. Un elemento indispensable para a vida, e que non é infinito, polo que é fundamental unha xestión responsable da auga e políticas hidrográficas eficientes para preservar un ben, que é de todos. Na mesa redonda prevista para as 20.00 horas falarase da situación actual da xestión da auga, a visión global sobre os problemas de desabastecemento en épocas de seca, as políticas municipais e novas propostas de actuación . Participarán o concelleiro do BNG Xoán Carlos González, o edil de AER Roberto Darriba, a deputada do PsdG-PSOE Patricia Vilán e o concelleiro de Medio Ambiente Miguel Ángel Álvarez, do PP.

Jaime Figueroa voceiro de Lenda
Numero 36 da revista
Un ben limitado
É necesario facer unha xestión responsable da auga.
A xestión da auga a debate
Participarán representantes do BNG AER PSOE e PP. Ás 20.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará