Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo obradaoiro de emprego formará a 20 parados en colocación de pedra e xardinería

RR_Noticias

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, inaugurou onte no Pazo de Pousadouro o Obradoiro de Emprego Redondela Vila Bela II. Nel formaranse 20 desempregados en colocación de pedra natural e no eido forestal e de xardinería. Entre os traballos previstos figuran a colocación de pedra natural e obras de artesanía, a restauración de mobiliario ornamental e o mantemento de espazos naturais, así como o cultivo ecolóxico na finca do pazo.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse onte ata o Pazo Pousadouro para darlles a benvida aos 20 alumnos e alumnas que iniciaron a súa formación no Redondela Vila Bela II, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello de Redondela. O representante autonómico, quen estivo acompañado polo alcalde de Redondela, Javier Bas, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, puxo en valor “o ambicioso obxectivo” desta nova programación de obradoiros e animou ao alumnado a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda para formarse e acceder a un posto de traballo”. Na segunda edición do Redondela Vila Bela, a Xunta destina a este taller preto de 290.000 euros. Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación dun mínimo de 3 meses a xornada completa nunha empresa onde os alumnos poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina así “a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará