Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desartellada unha banda que roubou 90.000 euros en material de construción no IES de Soutomaior

RR_Noticias

A Garda Civil desmantelou unha banda criminal, con dez persoas detidas en toda a provincia. Coas detencións esclareceuse o roubo de material de construción que sufriu o instituto de Soutomaior, cando aínda estaba en obras, e cuxo valor ascende a uns 90.000 euros. Están acusadas de, polo menos, 17 roubos, fundamentalmente de gasoil en obras e empresas de transporte.

Tras oito meses de pescudas a Garda Civil considera desartellado un grupo criminal dedicado ao roubo de gasóleo en obras e empresas de transporte, e que operaba en toda a provincia de Pontevedra. Os roubos pertetráronse en Soutomaior, Redondela, Ponteareas, O Porriño, Vilaboa, Vigo, Fornelos de Montes e Moaña. A Garda Civil destaca a capacidade de movemento da banda, que se movía por distintos municipios sen deixar rastro. Sinalan, a modo de exemplo, que nun dos casos investigados nun grupo de empresas de Redondela conseguiron apropiarse de 1.000 litros de carburante nunha noite. As investigacións levadas a cabo no marco da denominada operación Caldox, iniciáronse o pasado mes de marzo ao ter coñecemento dun importante roubo que se cometeu na obra do edificio do novo instituto que se estaba construíndo en Soutomaior, de onde levaron material por valor de 90.000 euros. A explotación da operación iniciouse o día 29 de outubro coas detencións dos dous principais autores materiais dos roubos. Trátase de dous veciños de Redondela e Vigo, con amplos historiais delituosos, en cuxos domicilios se recuperaron algúns obxectos subtraídos e parte das ferramentas que utilizaban para a comisión dos roubos. Dous días despois, no Porriño, foron detidos nos seus domicilios o seis integrantes do denominado grupo de receptadores. Ademais, a Garda Civil realizou tres rexistros onde se atoparon tres depósitos ilegais, de 1.000 e 3.000 litros de capacidade, que contiñan restos de gasoil bonificado do tipo B destinado para o uso agrícola e industrial. A operación concluíu coa detención doutros dous veciños do Porriño, como integrantes do grupo que participaba na execución dos roubos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará