Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian plusvalías de ata 40.000 euros que deben pagar os veciños por expropiacións da AP9

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela denuncia as “elevadas plusvalías” que teñen que pagar os veciños de Chapela afectados polas expropiacións para a ampliación da autoestrada, e que nalgúns casos superan os 40.000 euros.

Nun comunicado, AER explica que PP e PSOE levan semanas enredados coa ampliación da AP-9 a conta das compensacións conseguidas para Chapela e Trasmañó. Lamentan que con esas melloras pretendan “tapar as desgrazas da AP-9” e denuncian que as compensacións “chegan sete anos tarde, mal e arrastro”. Advirten da “realidade antisocial” dunha obra amparada dunhas leis “obsoletas”, segundo AER, xa que datan de 1954. A formación explica que as familias expropiadas están a pasar “un calvario” que non acabou co derrube das súas casas. Agora o Ministerio de Facenda reclámalles a plusvalía polos cartos que recibiron das expropiacións. AER entenden que non existe ningún beneficio fiscal “por ser vítimas dunha expropiación forzosa”. A Aguración de Electores ten constancia de veciños que tiveron que pagar varios miles de euros, e mesmo un caso que supera os 40.000 euros, con ameaza de recargo “por un mal asesoramento dos servizos de Facenda”. Denuncia AER que tanto o PP como o PSOE son coñecedores destas circunstancias, e critican o seu silencio ao respecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará