Hoxe é Martes 20 de Outubro de 2020

O F.S. Pazos de Borbén pelexa por manter o liderado nunha liga moi igualada

RR_Noticias

O equipo de Fran Amoedo ocupa a primeira praza da Terceira División logo de adiantar ao Parrulo no partido disputado a pasada fin de semana. O técnico confía en manterse na parte alta da táboa e pelexar polo ascenso, malia que recoñece que será un obxectivo difícil esta temporada “coa liga máis igualada dos últimos anos”.

Un partido tolo, sen moita táctica e con moitos goles, deu como resultado unha vitoria do Pazos sobre o Parrulo por 10-6. Un triunfo que lle serviu para colocarse como líder do grupo. Unha posición que é “anécdótica” para Amoedo neste comezo de liga, pero que lles permite seguir aspirando ao seu obxectivo: pelexar polo ascenso. O técnico sabe que é un obxectivo moi complicado, cunha liga moi igualada este ano. De feito entre o segundo, o Parrulo, e o cuarto clasificado, o Santa Isabel, hai empate a puntos. Fran Amoedo salienta que “case con calquera rival podes gañar ou perder un partido”, polo que manterse fortes na casa será “imprescindible” para acadar o obxectivo. Mañá xogarán en terras lucenses, no pavillón municipal de Outeiro de Rei, o partido da xornada adiantado ante o Santa Isabel. Un encontro complicado para os de Pazos, xa que os anfitrións, malia ser un recén ascendido, teñen demostrado moita calidade, e a superficie de xogo tampouco favorece aos de Amoedo. O partido será mañá ás 12.30 horas.

Fran Amoedo adestrador
O técnico confía en manterse na parte alta da táboa malia que recoñece que será difícil nunha liga moi igualada.
Santa Isabel-Pazos
Mañá xogarán en Outeiro de Rei o partido da xornada adiantado ante o Santa Isabel.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *