Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Renovación integral do saneamento e abastecemento de auga en varias rúas de Chapela

RR_Noticias

As obras, que están a realizarse desde hai uns días, inclúen a renovación da rede de abastecemento e tamén de saneamento con novas tubaxes e colectores. Os traballos afectan ás rúas Camiño Real de Angorén, José Fernández López, Manuel Rodríguez Casal, Laredo, Gonzalo Morant e Cubillón.

O alcalde, Javier Bas, e a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, visitaron as osbras que “marchan a bo ritmo” segundo o goberno local. Os traballos están a realizarse en varias rúas onde a rede se atopaba “en moi mal estado”. Con estas obras substituiranse as tubaxes de fibrocemento, válvulas, arquetas e acometidas. Tamén se renova a rede de saneamento mellorando toda a infraestrutura existente, incluíndo os pozos, a tubaxe e os colectores. Tamén se eliminará as conexións de fecais á rede de pluviais “instalando así as separativas en toda a área de actuación”. Actuarase tamén na rede de drenaxe, pozos de rexistro e gabias, xa que se trata dunha renovación “integral” de todos os servizos. A obra precisou da autorización de Adif, por estar afectada polas infraestruturas ferroviarias, e foi adxudicada por 151.000 euros. Ten un prazo de execución de dous meses.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará