Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Cesantes busca seguir coa xeira positiva

RR_Noticias

O equipo de Cesantes sumou sete puntos nos últimos tres partidos, logo dun comezo de liga complicado. O equipo, recén ascendido á Segunda Galega, márcase como obxectivo acadar a permanencia canto antes para rematar a liga con tranquilidade.

Pablo Alonso, que se incorporou esta temporada como adestrador ao equipo, salienta a calidade do grupo que é “como unha familia”. Recoñece que están “moi ilusionados” coa temporada logo da xeira positiva de resultados que acadaron nas últimas semanas. Aposta por seguir traballando para que todos os xogadores se acoplen ben “ao grupo e á categoría”. Os tres puntos sumados a pasada xornada ante o Noalla en Santa Mariña permítenlle situarse na 13ª posición da táboa. O domingo xogarán no campo do Sampaio, equipo que os adianta tres posicións na táboa, con dous puntos máis, pero que a pasada xornada perdeu no campo do P.Arnelas, que comezaba o partido como pechacancelas do grupo. Alonso advirte que será un partido “moi difícil”, xa que se trata dun campo de terra, e o rival é o máis forte do grupo na casa. Con todo, condía en acadar un bo resultado xa que moitos dos seus xogadores “teñen tamén experiencia en campo de terra”. De feito o campo do C.D. Cesantes é o da Gándara, o campo de terra situado no Viso, e onde adestraban e xogaban ata a temporada pasada. Agora, á espera de que se reforme o campo para dotalo de herba aritificial, xogan no campo municipal de Santa Mariña. Un problema engadido para o equipo, que debe organizar os adestramentos co C.D. Choco. No club agardan con ilusión poder estrear o seu novo campo de céspede o próximo ano. O proxecto para o campo da Gándara, realizado polo Concello, conta cun orzamento de 476.000 e inclúe a instalación de herba artificial, a urbanización do perímetro, unha zona axardinada e nova iluminación.

Pablo Alonso adestrador
Salienta a calidade do grupo que é "como unha familia".
Campo da Gándara
No club agardan con ilusión poder estrear o seu novo campo de céspede o próximo ano.
Sampaio-Cesantes
Alonso advirte que será un partido "moi difícil" xa que se trata dun campo de terra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará