Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade maniféstase contra os recortes sanitarios

RR_Noticias

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Soutomaior convoca unha manifestación para este domingo, día 21, para esixir melloras no centro de saúde de Arcade. Denuncian a “precaria situación sanitaria” no municipio e demandan a incorporación dun médico máis de familia, un pediatra e tres enfermeiras. Lembran que son os profesionais sanitarios “que lles corresponden” por poboación segundo o propio Sergas.

Iago Treus, membro do colectivo, denuncia que a situación é “moi precaria” no seu centro de saúde, onde faltan profesionais sanitarios, polo que os sevizos están saturados. Afirma que non están “a mendigar melloras”, senón que esixen “o que por lei lles corresponde”, dado o volume de poboación de Soutomaior. Hai meses que comezaron coas protestas e concentracións en Arcade, e a movilización social xa deu os seus primeiros froitos. Unha das súas demandas, a praza de pediatría a xornada completa, xa se está a cubrir, co que evitan os desprazamentos ao centro de saúde de Vilaboa. Ata o de agora as familias tiñan que desprazarse dez quilómetros para unha consulta co pediatra cando o facultativo estaba de baixa ou vacacións. Un logro acadado grazas ás protestas dos veciños na rúa, segundo Treus. Agora dan un paso máis e convocan unha manifestación que sairá este domingo, día 21, da Alameda de Talo Río ás 12.00 horas. Percorrerán a avda. Xosé Solla ata o centro de saúde de Arcade. Treus confía en que a convocatoria sexa un éxito, xa que cada vez son máis os veciños que respaldan as demandas da plataforma, así como os partidos políticos que están a darlle tamén o seu apoio.

Iago Treus voceiro da Plataforma
O colectivo denuncia a precaria situación do centro de saúde.
Pediatra en Arcade
A movilización social xa deu os seus primeiros froitos
Manifestación
Treus confía en que a convocatoria sexa un éxito xa que cada vez son máis os veciños que respaldan as demandas da plataforma.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará