Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pensa, corre e divírtete!

RR_Noticias

Este sábado celébrase a IV Carreira de Orientación Concello de Redondela, que nesta edición conta coa novidade de ser nocturna. O cambio supón máis dificultade, pero tamén máis diversión, nunha proba que conta con categorías para todas as idades. Nenos e adultos poden participar de xeito individual ou en grupos. O prazo para a inscrición, que é de balde, remata hoxe ás 22.00 horas na páxina web do Club Aromon, organizadores da carreira.

O Club Aromon Pontevedra é o encargado de organziar esta proba, en colaboración co Concello. O seu obxectivo é darlle a todo tipo de persoas a posibilidade de coñecer este deporte, que aínda é minoritario en Galicia. Ricardo Figueroa, cordinador da carreira, explica que logo de tres edicións xa son moitos os afeccionados que se apuntan a esta proba en Redondela, que nesta ocasión será nocturna, por primeira vez. Figueroa explica que o máis importante neste tipo de carreiras non é correr moito, senón “interpretar ben o mapa e pensar o mellor percorrido”. Asegura que non sempre gaña o que máis corre, senón o que mellor se orienta. A participación pode ser individual ou en grupo, e o que sempre está asegurado é a diversión, xa que se trata dunha especie de “búsqueda do tesouro” na que os corredores deben atopar todas as balizas sinalizadas nun mapa. O percorrido será polas rúas de Redondela, e tamén incluirá algunha zona de parques e xardíns. Ao tratarse dunha proba noctura a organización recomenda levar lanternas ou focos frontais. A carreira establece tres categorías con tres percorridos: Inciaición Nenos, cun nivel de esixencia físico e técnico baixo, Iniciación Adultos, con nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos ou nenos con experiencia, e o Avanzado, que xa conta cunha dificultade maior, tanto física como técnica, e que está reservado só para corredores federados en orientación. A inscrición está aberta na páxina web do club (www.aromon.es) ata ás 22.00 horas de hoxe. A paricipación é de balde, agás para a categoría avanzada, que ten un custo de 8 euros. As prazas están limitadas a un máximo de 200 participantes.  

Ricardo Figueroa cordinador da carreira.
O obxectivo desta proba é dar a coñecer ao público as carreiras de orientación.
Unha proba divertida e inclusiva
A carreira é como unha búsqueda do tesouro onde non sempre gaña o que corre máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará