Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “despilfarro” as obras da Alameda

RR_Noticias

O grupo nacionalista entende que a reforma da alameda Castelao é unha obra de “exhibicinismo político”. O edil Xoán Carlos González afirma que os traballos, con partidas de ata 200.000 euros, “non son prioritarios nin foron demandados por ninguén” mentres outras zonas do casco urbano carecen de inversións.

As obras realizadas nos últimos meses na Alameda Daniel Castelao de Redondela, constitúen para a organización nacionalista un exemplo do “despilfarro” co que está a actuar o goberno de Javier Bas. O edil nacionalista, Xoán Carlos González considera que se trata dun claro exemplo de “exhibicionismo político” posto que “nin son prioritarias, nin foron demandadas por ninguén”. O BNG fai referencia ao cambio de bordos que se realizou dende o verán, substituíndo o antigo entramado de ferro por un de pedra. Asegura que non existía “ningún informe da necesidade de tal obra” licitada en 80.000 euros.  Considera que se trata dun gasto “caprichoso e innecesario”, co que o alcalde demostra que actúa “sen control no gasto dos cartos de todos os redondeláns”. A seguinte fase das obras, actualmente en licitación, consisten na subministración de xabre en toda a superficie da alameda, cun orzamento de 100.000 euros. Un investimento que o edil do Bloque compara
co “abandono” doutras zonas do casco urbano de Redondela por parte do goberno local, como a Esfarrapada, Picota ou Eidos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará