Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado de Bacharelato que carece de transporte escolar reclama “unha alternativa”

RR_Noticias

A dirección do IES Mendiño convoca ás familias do alumnado a unha xuntanza o próximo luns, día 15, ás 19.30 horas, para tratar o problema do transporte dos estudantes de Bacharelato. Dende que comezou o curso, os alumnos das parroquias de Cesantes e do Viso quedaron sen transporte escolar, un servizo que ata o de agora viñan empregando con normalidade.  

De feito, alumnos de Bacharelato que residen noutras parroquias seguen a empregar este transporte escolar para achegarse ao instituto, xunto cos alumnos da ESO. As fmailias denuncia que só os rapaces do Viso e Cesantes teñen prohibido utilizar o autobús, xa que así llo comunicou a empresa Autos González, que é a que realiza esta liña. Lupe Fabre, nai dunha das alumnos afectadas do Viso, explica que as demais empresas de transporte non poñen probñemas ao alumnado de Bacharelato “mentres teñan prazas vacantes no autobús”. Así era tamén ata o de agora na liña que fai o servizo desde o Viso e Cesantes. Pero neste curso deuse a circunstancia de que se lles prohibiu utilizar o servizo, e mesmo nunha ocasión o conductor obrigou aos alumnos a baixar no medio do percorrido. Unha situación “moi preocupante” para as familias, xa que se trata de rapaces menores de idade que quedaron “tirados” na estrada. As familias afectadas entenden que a Administración “non ten obriga de prestar este servizo por ser un ensino non obrigatorio”, pero reclaman unha solución alternativa á Consellería. Non demandan o autobús de balde, pero si “un medio de transporte alternativo”, pagado polas familias, que permita aos rapaces asistir ao instituto. Estas parroquias non dispoñen de liña de autobús regular para desprazarse ao centro de ensino, e como solución provisional as familias organizáronse en quendas pare levar e traer aos rapaces do instituto.

Lupe Fabre nai de alumna afectada
Lupe explica que as demais empresas de transporte escolar non poñen problemas ao alumnado de Bacharelato para utilizar o autobús.
Alternativa de pago
Non demandan o autobús de balde pero si un medio de transporte alternativo costeado polas familias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará