Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Extinguido o lume de Negros tras arrasar dez hectáreas

RR_Noticias

O lume, que previsiblemente foi intencionado xa que se confirmou a existencia de dous focos a un tempo, causou a alarma ao estenderse rapidamente polo monte de Santo Estevo de Negros e ameazar tamén con achegarse ás parroquias lindeiras de Cedeira e Cabeiro. Afortunadamente a ausencia de vento facilitou as labores de extinción nas que participaron dous axentes, catro brigadas, catro motobombas e dúas pás así como efectivos do Grumir de Redondela, bombeiros de Vigo e Porriño e axentes da Policía Local e Policía Nacional.

O incendio producíase ao redor das nove da noite e estendíase a gran velocidade polo monte da parroquia de Negros. O Concelleiro de Interior, Arturo González, confirma que a rápida propagación do lume nun primeiro momento provocou unha gran preocupación entre os veciños “aínda que as vivendas en ningún momento chegaron a verse comprometidas”. Explica tamén o edil que “a rápida intervención dos medios de extinción permitiron controlar o lume malia que o seu inicio foi repentino e moi virulento”. A unha da madrugada o incendio deuse por extinguido.
Un lume que facía temer o peor e que lembraba o acontecido hai xusto un ano, en outubro do 2017, cando tamén o tempo seco e solleiro e a acción dos incendiarios causaba a alarma en toda a comarca.   
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará