Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoves do Corpus ou Xoves da Coca?

RR_Noticias

A polémica está servida logo de que no debate dos festivos locais para o 2019 se puxera sobre a mesa a denominación do festivo do vindeiro 20 de xuño. Mentres para o PP a denominación correcta debería ser Xoves do Corpus Christi tendo en conta a vinculación relixiosa da data, opinión compartida tamén polo PSOE, o resto dos grupos criticaron que por vez primeira na historia predominase o seu carácter relixioso sobre a tradicional referencia ao Xoves da Coca. Aseguraban dende AER que “nin na época franquista se optara pola denominación relixiosa”. En todo caso, os festivos do ano que vén serán o Luns do Cristo (29 de abril) e o xoves da Coca/Corpus ( 20 de xuño).

O debate en torno aos festivos locais é recorrente nos últimos anos, con discrepancias en torno ao Luns do Cristo. Unha data que defenden dende o PP “atendendo ao arraigo que esa celebración relixiosa ten na nosa vila”. Tamén o PSOE avoga por manter ese festivo, aínda que os seus argumentos xiran habitualmente no feito de que “un luns non laboral favorece a todos aqueles veciños que traballan no concello e que poden así gozar dunha ponte de tres días”. O resto dos grupos, AER, BNG e edil non adscritos, manifestan ano tras ano a súa oposición a un festivo de carácter exclusivamente relixioso “con poucas actividades en Redondela que se centra principalmente nunha procesión a partir das 20:00 horas, motivo polo que defenden substituír esa data polo Martes de entroido “unha celebración cun masivo seguimento en Redondela nunha xornada onde se contan por centos o número de veciños que participan durante todo o día das tradicionais comidas do carnaval”. Un debate que este ano tivo un ingrediente máis ao presentar o PP o 20 de xuño como festivo local por ser a celebración do Corpus Christi, na vez de manter a tradicional denominación de Xoves da Coca. Era o voceiro de AER o máis belixerante na cuestións ao lembrar que “en Redondela, nin con Franco deixaron de chamarse Festas da Coca”. Mentres BNG e o edil non adscrito apoiaban a crítica de AER, o PSOE restaba importancia ao asunto e dende o PP insistíase en que “é un festivo relixioso, nos guste ou non, e non vemos o problema por compartir nos carteis a denominación de Corpus Christi e Festa da Coca”.  

Noé Cano AER
Amosaba a súa indignación porque se empregara o termo Xoves do Corpus e non Xoves da coca
Xoán Carlos González BNG
Acusaba aos populare de deturpar a historia
Eduardo Reguera PSOE
Compartía a idea de que poden convivir os conceptos de Corpus e Coca
Carmen Amoedo PP
É un festivo relixioso e así o recollen

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará