Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela comeza a liga con vitoria

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira impuxéronse ao Teucro (36-29) no primeiro partido da temporada. Peor sorte para os equipos da División de Honra Prata Feminina, con derrotas da SAR Rodavigo e Cíes Chapela ante BM Xixón e Carballal, respectivamente.

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 26-31 Balonmán Xixón
O conxunto redondelán sufriu unha derrota ante o Balonmano Xixón. As locais mantivéronse por diante no marcador ata o minuto 20 de xogo, pero despois pouco a pouco foron cedendo terreo. As de Elisardo Covelo “Chini” baixan á 5ª praza, e preparan o encontro da próxima fin de semana, que as levará a Vigo para medirse ao Seis do Nadal, que aínda non sumou ningún punto.
Cíes Chapela 26-34 A.D. Carballal
O derbi comarcal disputado onte domingo no pavillón de Chapela saldouse coa vitoria do Carballal ante o conxunto anfritrión. As pupilas de Chiki Castro dominaron o enfrontamento cun ritmo de xogo alto para chegar ao descanso con catro tantos de renda (11-15). No segundo acto recortou diferenzas o equipo local, pero despois o vigués rompeu o enfrontamento de forma definitiva (26-34). Beatriz Soa anotou 9 tantos para o Carballal.
Primeira Nacional Masculina

Rodosa Chapela 36-29 Teucro
Estreouse con vitoria o Rodosa Chapela e ante o seu público, e os de Fran Teixeira buscarán un ano máis ser candidatos a ocupar os postos que dan dereito á fase de ascenso. O resultado de onte ante o filial do Teucro serve para confirmar o obxectivo. O encontro comezou igualado pero pronto os locais conseguiron unha boa renda de goles (17-14 descanso), o que lle permitiu comezar a segunda parte con mais tranquilidade e seguir ao mando do marcador sen dar opción ao S.D. Teucro San Narciso ata o 36-29 final. A próxima xornada desprázanse ao pavillón do C.Ourense, que perdeu na estrea en Xixón por tan só 1 gol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará