Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas repite como candidato á alcaldía “para situar a Redondela no lugar que lle corresponde”

RR_Noticias

Javier Bas tentará revalidar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais logo de que acadase o apoio unánime da xunta directiva do PP local. Logo de dous mandatos en minoría, tentará nos vindeiros comicios acadar a maioría absoluta. Asegura o candidato popular que se presenta “con máis forza e ilusión que nunca” e cun “proxecto integrador, afastado de liortas e intereses partidistas pesando unicamente no futuro de Redondela”.

 
A Xunta directiva do PP local decidiu por unanimidade propoñer a Javier Bas como candidato para as próximas eleccións municipais logo de valorar “moi positivamente o proxecto municipal que leva liderando os últimos 7 anos e a necesidade de que continúe ao fronte do mesmo para completar as importantes actuacións que están en marcha”.
Entenden que “nun momento especialmente trascendente para o futuro da vila, o liderado de Javier Bas é unha garantía de estabilidade, e sen dúbida, a opción mais ilusionante para a maioría das veciñas e veciños”.
Bas amosou a súa disposición a continuar desenvolvendo un proxecto que aspira a situar a Redondela no lugar que lle corresponde e declarou estar “moi emocionado e agradecido pola confianza que os membros da Xunta local depositan na miña persoa e no proxecto que estamos a construir entre todos. É unha mostra mais de cariño que se suma ás que teño recibido nos últimos meses de moitos colectivos, e de veciños anónimos que se achegan na rúa para animarme para que continuemos traballando como ata agora”.
Concluíu afirmando que “temos en marcha actuacións moi importantes para Redondela, teño un gran equipo que me vai axudar a levalas adiante, e teño mais forza e ilusión que nunca” e insistiu na súa vontade de “impulsar un proxecto integrador, afastado de liortas e intereses partidistas, e pensando única e exclusivamente no futuro de Redondela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará